MIL BERROS |
Breve historia
|
REDES SOCIAIS
YouTube: Zikeh Rap Twitter: @Zikeh_Oficial Facebook: Zikeh Rap Ask (Deixa aquí a túa pregunta): Zikeh_Oficial |
|
FOLK METAL
Non moi fácil de recoñecer, metal creado con influencias do folk, de temática moi variada, dependendo da variante que siga; eslava, celta, vikinga... Unha das bandas máis recoñecibles é Eluveitie VIKING METAL Un derivado do anterior, con unha gran influencia do black metal, as letras acostuman tratar temas como tradicións vikingas, historias de guerreiros, de festas... Esta canción, do grupo Enslaved, mezcla o inglés e o noruego, partindo moitas veces de poemas tradicionais, como neste caso: |
|
METAL ALTERNATIVO
Ten moitos rasgos do rock alternativo, e a verdade é que engloba a moitos grupos completamente distintos entre si, hainos con influencia no post-hardcore, jazz, funk, trash metal... A continuación, System of a Down; un grupo con letras críticas coa guerra, maltrato infantil, machismo, capitalismo, fascismo... Moito simbolismo nos vídeos. Esta canción chámase Toxicity, unha das máis valoradas polos seguidores aínda que non tivera tanto éxito comercial como Chop Suey ou B.Y.O.B. . Fala do déficit de atención infantil. |
DEATH METAL MELÓDICO
Como o propio nome indica, consiste nun enfoque melódico ao death metal (metal extremo con percusión rápida, growls, afinación baixa), así as voces limpas e melódicas combínanse cos guturais; o que serve de contraste. Esta canción é de The Agonist, un grupo canadiense con letras críticas co maltrato animal, a política exterior dos EUA, e outros problemas sociais, cando estaba a vocalista Alissa White-Gluz. "Panophobia": |
METAL NACIONAL
E, para rematar cos vídeos, toca algo de bo metal galego. Este primeiro vídeo é de unha banda de Cangas do Morrazo, ABSORBED; o tema é do 96. Death Metal. Os dous seguintes temas son do grupo pontevedrés Dismal, a primeira canción é nü metal, a segunda, penso que tamén, aínda que non estea moi claro... Por último, outra banda Ourensá, Unnatural. O tema está sacado dun split no que hai cancións dos dous grupos anteriores, do 94. Brutal Death metal no seu estado puro. |
|
Levamos moito tempo escoitando os adolescentes dicir que teñen que seguir case exclusivamente grupos estranxeiros, poñendo como escusa que aquí non hai bos grupos de rock. E nós preguntámonos: Nunca oiron a Ruxe Ruxe? A todos aquelas e aqueles que responderían “non” dedicámoslles esta entrevista realizada ao cantante deste grupo galego tan bo, Vituco Neira. A entrevista foi realizada coincidindo cunha actuación do grupo na festa da gaita de Arzúa, no mes de abril de 2014.
|