Veño falarvos de “Por unha presa de machacantes”, unha novela curta que tiven que ler obrigatoriamente en 3° da ESO. Eu cando o merquei e vin que o prezo propio do libro estaba aínda en pesetas asustoume pero pensei que ao mellor non estaba tan mal e que ao mellor me gustaba e todo. Tiña todas as miñas esperanzas postas niso!! A min particularmente gústanme os Westerns, as películas de vaqueiros do oeste e ata cheguei a ler cómics de esta temática. Cando collín este libro nas miñas mans e lin: “Nabo-western", alucinei un pouco pero imaxinei que podía resultar divertido xuntar o humor con algo que me gustaba… Ao final, como eu me temía, foi intratable. Tiña contido homófobo, machista e sexista que incluso me facía sentir incómodo. É que non vos podo dicir exactamente do que ía o libro porque non o sei. Non o sei! A ver… o fío temático xiraba en torno a unha investigación para tentar descubrir un asasino. Pero é horrible, non sabes cando o protagonista está falando de forma seria ou cando está bromeando. Non consegues distinguir esa liña. Resúltame imposible. Ten algún trazo humorístico que si son capaz de diferenciar como a tradución que fai o propio autor ao inglés de heterónimos de pobos galegos como “Little Oak” (O Carballiño). Isto é algo orixinal e diferente pero tampouco chego a comprender nin o que pinta nin o que intenta transmitirnos o autor con isto. Ler é algo importante e necesario pero se tedes este libro nas mans, queimádeo, polo voso ben.
Isidro Novo, Por unha presa de machacantes, editorial:EDICIÓNS POSITIVAS.