Nunca se vos deu por pensar que puidésedes ter unha segunda familia na outra punta do mundo? Unha segunda familia que se complementase con unha segunda vida, con un segundo fogar que te fixese sentir que esa é a túa verdadeira casa?
Eu pódovos asegurar que o hai, podes chegar a ter unha segunda familia na outra punta do mundo, e podes sentir que non chegaches tarde a ela, que es un membro máis. Isto seino porque o vivín coa miña última viaxe que tivo como destino Brantford, unha pequena cidade da provincia de Ontario, no Canadá. |
|
Se te estás a preguntar os motivos do meu cambio de actitude, xa chos aclaro eu. Aos dous días de chegar, máis precisamente o día anterior do meu dezasete cumpreanos, rompeume o móbil. Si, ese aparato electrónico co que non podía vivir. Isto aportoume unha nova perspectiva, e é que mentres me arranxaban o móbil, só me podía comunicar coa miña “host mum”, a señora que me estaba acollendo na súa casa. Ese día aínda se foi levando, pero cando me deprimín e podo dicir que foi o meu peor día en Canadá foi ao día seguinte, o día do meu cumpreanos. Non me podía comunicar coa miña familia nin cos meus amigos de España e tampouco tiña confianza cos meus compañeiros, o que me fixo saber o que realmente significa ter morriña, morriña galega.
|
|
Na segunda semana da miña viaxe atopábame a gusto, cheguei a atopar un equilibrio co que podía contar con certos compañeiros como amigos. Vivimos moitas aventuras que quedarán gardadas para sempre na nosa memoria.
Visitamos moitos sitios interesantes como a cidade de Toronto, as cataratas do Niágara, fumos a Wonderland (un parque de atraccións)... Só sei que esta aventura non puidese ser nin parecida si non fose polos seis rapaces que me sacaban un sorriso |
O mercado dos animais de compañía, facturou 700 millóns de euros en 2007, o equivalente a 20 millóns de mascotas (5.5 millóns de cans e 4 millóns de gatos).
Hoxe en día existen algúns centros de recollida de animais, os cales os acollen en moi malas condicións: deshidratados, torturados polos donos... Son cans ou incluso gatos os que precisan de familias que os queiran adoptar; e aínda máis, os centros precisan da caridade de persoas para que aporten recursos: comida, vacinas... |
Existen moitas campañas en contra do abandono de animais, algúns exemplos son:
|
|
|