Intres é a nosa revista, a revista do alumnado do IES de Melide. Nela expoñemos os nosos intereses, as nosas creacións, as nosas opinións sobre temas diversos, e tamén contamos experiencias do que fixemos ou nos pasou ao longo do curso. Esta revista xa se levaba facendo dende moitos anos atrás en formato impreso pero neste ano 2011 queremos inaugurar tamén o formato dixital, xa que as novas tecnoloxías avanzaron, e claro, hai que modernizarse! Esperamos que esta nova etapa da revista que agora comenza teña moito éxito, xa que o facemos para non ter tantas edicións impresas e para que todos os alumnos e alumnas do IES, os pais e as nais e o resto da comunidade poidan desfrutar dela cando queiran.