|
Comencemos polo principio: a Antártida foi descuberta no século XVIII. Para ser máis exactos, foi James Cook o primeiro explorador que cruzou o círculo polar Antártico, este tal Cook era o capitán dun navío británico. Nunca chegou a ver o continente só navegou arredor del. Cook sabía que alí se achaba un continente polos depósitos de rochas nos icebergs, aínda así éste non era o continente poboado que esperaba atoparse.
|
Falemos agora da súa biodiversidade: debido ás súas baixas temperaturas, moi poucas especies poden adaptarse a ditas condicións. Por esta razón o continente mantívose durante millóns de anos sen vida vexetal, só con algunha especie de musgo e herbas simples. É por iso que é no medio mariño, que se alimentan principalmente de fotoplancton, onde atopamos unha maior variedade de organismos. Como curiosidade, os mares que rodean a Antártida son os máis productivos e ao mesmo tempo os máis fráxiles do planeta. Forman a biodiversidade antártica, son especies como
|
|
|
No 1978 aprovouse a lei de Conservación da Antártida, cunhas retrincións que permitían extraer ou mesmo introducir especies do continente, por si calquera razón este feito afectase ao equilibrio do ecosistema. Pese a este tratado, hai accións ilegais que perxudican a vida de moitas das especies mariñas. Un dos exemplos é a pesca excesiva nos mares australes, que é un problema bastante grave que ten que ser resolto para salvar a existencia da biodiversidade antártica.
|
Tamén é importante falar da destrución de terreo por parte do home, xa que as grandes vías de comunicación afectan gravemente aos espazos naturais, e se ademais estas zonas están protexidas, o perigo aumenta notablemente, de xeito que destrúe fauna e vexetación. Xa que os gases expulsados polos vehículos adírense ás follas das plantas, facendo que se algún animal se alimenta delas se envelene.
|
Este monumento, é
moi famoso en
todo o mundo,
e sen dúbida
algunha, tamén e o símbolo
da cidade de
Nova York. Ademais,
esta estatua, representa
un dereito humano
que todos temos
como persoas que
somos e ademais,
ven recollido na
declaración dos dereitos
humanos.
Esta estauta, durante estes 125 anos que leva erixida nunha pequena illa en Nova York, foi testemuña de multitude de acontecementos que pasaron por diante dos seus ollos, e ademais, tamén foi protagonista de multitude de libros e películas, anuncios converténdose nun símbolo norteamericano. |
Despois de ser iniciado na súa construción, rematouse un 31 de maio do ano 1911, data na que se botou á auga por vez primeira. Pero tería que pasar polas inspeccións pertinentes para confirmar a súa seguridade para todos os pasaxeiros que foran a bordo.
Porén, a súa viaxe inaugural foi o martes 10 de abril de 1912, día no que parte con rumbo a Nova York, pero antes faría escala en outras cidades. |
Na noite do 14 de abril de 1912, tras 4 días de viaxe a través do atlántico norte, os vixías do Titanic, avistaron un iceberg a 500-600 metros de distancia, co que só tiveron uns 45-60 segundos para reaccionar, cando puideron ter un minuto e medio se os vixías tivesen os prismáticos que esqueceran en Queestown.
|
O choque co iceberg, prodúxose ás 23:40 da noite e tras este acontecemento, empezaron a mandar señais de socorro a todos os barcos que se encontraban cerca do lugar da colisión, polo tanto, entre os que se encontraban Mount Temple, Frankfurt, Birma, Baltic, Virginia e finalmente o Carpatia, que sería o que acudiría para rescatar aos poucos sobreviventes da catástrofe.
|
Tras este terrible acontecemento, fixéronse hipóteses para dar razóns claras sobre o acontecido. Pero sen dúbida os máis salientables foron despois do descubrimento dos seus restos no ano 1985.
Ademais, fixéronse diferentes películas que falan sobre este acontecemento, polo tanto é aconsellable que nome a “O afundimento do Titanic”, “Atlantic”, “A camareira do Titanic” e como non, a máis coñecida e gañadora de 11 premios Oscars, “Titanic” do ano 1997, que foi dirixida por James Cameron e protagonizada por Kate Winslet e Leonardo Dicaprio. |
|
O deseño orixinal non tiña cores, o material quedaba sen pintar. Pero deuse a coñecer xa coas cores que serían a súa marca rexistrada, o respaldo pronunciado e levemente reclinado dunha cor vermella intensa, o asento é un cadrado azul mariño luminoso, e toda a estructura e negra, coas terminacions amarelas.
Na casa Schroeder a cadeira estaba estratexicamente ubicada en contraste con paredes e pisos moi escuros dando unha sensación visual dos planos azuis e vermellos flotando no aire rodeada de outros, máis pequenos, en cor amarelo. |
Para levar a cabo a súa tarefa tivo que ter en conta tres aspectos fundamentais como a estética, a funcionalidade e a fabricación en serie dos produtos. Abre a primeira tenda cerca da súa aldea natal con gran éxito de crítica e público. Como medida para facer fronte ao boicot que estaba a sufrir polos provedores, decide contratar os seus primeiros deseñadores. É o momento de outra idea xenial: vender os mobles desmontados e empaquetados.
A idea de realizar mobles armables para facilitar o seu transporte levou a pensar en embalaxes planos, que reduciron aínda máis o prezo final ao cliente. O novo sistema de embalaxe reduciu el espazo de almacenaxe, reduciu os custes laborais e evitou danos no transporte. Todo son vantaxes!
|
O nome dos produtos son en sueco, tamén hai veces que son daneses, fineses ou noruegueses, remarcando as orixes nórdicas de IKEA, aínda que tamén hai nomes en español como "FIESTA"(non podía ser outro!) e outros idiomas de Europa.
A compañía deseña os seus propios mobles e produtos como dixeramos, que son fabricados por máis de 1.500 provedores (como FINSA en Santiago) en máis de 50 países. Inclúense mobles e artigos para o fogar, oficinas e comercios. |
Ingvar Kamprad ideou o nome IKEA do seguinte modo: as dúas primeiras letras (I e K), polas iniciais do seu nombre e apelido, e as dúas últimas (E e A), polos nomes da granxa (Elmtaryd) e do pobo (Agunnaryd) onde creceu.
No 1986 deixa a dirección da compañía e delégaa nos seus fillos. El asume o posto de asesor. Actualmente vive en Lausana, Suíza; ten catro fillos e leva unha vida relativamente austera, chegando a utilizar o transporte público a pesar de ser un dos homes máis ricos do mundo, non lle gustan os luxos e valora a humildade. |