Hoxe, sentimos o fuxir dun grande home cun grande maxín! De Catasós os castiñeiros con saloucos e acenos, anuncian xa, polos vieiros que unha grande homenaxe están a rendir os teus compañeiros… É a Tí! Yebra Pimentel, Xaquín! Tampouco nós te esquecemos compañeiro de vieiros! Desde o IES de Melide, desde todos os Departamentos, Admistración e Subalternos, por seres unha grande peza, do ensino que xuntos facemos por iso, venerámosche grandes, moi grandes recoñecementos! |
Amante fiel da natureza
da historia, Xaquín, non hai quen esqueza, na túa memoria! Un abano do saber nel, con humildade, sempre facía presenza! Tiña un aquel Xaquín que coma ninguén, Xaquín era quen de convidarte a beber da súa fonte inesgotable do saber. Graciñas, Yebra Pimentel, porque hoxe, percibimos con moito agarimo, con moito, moitísimo aquel que o teu fuxir endexamais será permitido! As túas pegadas no IES fuches quen de perpetuar. Así, todos os que te coñecemos os que a Tí, te recoñecemos: Honesto, loitador e valente, izando a bandeira da liberdade… Hoxe, todos nós, Por Tí, eiquí a sacamos adiante! Os que contigo permanecemos sentimos o teu pasar… Mais, Yebra Pimentel, Xaquín, endexamáis seremos quen de te olvidar! E, a túa memoria, no teu noso IES de Melide Por e para sempre estará a repousar. EDI C. C. 2.014 |
Eran as nove da mañá cando Rosa se levantou e empezou a ver a luz do día paríseno na súa casa na que vivía ela soa. De feito, a rutina era a mesma que a de todos os días. Era unha muller xubilada e non tiña demasiadas obrigacións, salvo vivir e namorarse da vida.
A dicir verdade, era unha muller loura de cabelo cuns grandes e brillantes ollos azuis que se situaban simetricamente nun rostro visiblemente avanzado pola idade, xa que se deixaban ver algunhas engurras que tapaban o primor da súa beleza de antano. Cunhas mans rugosas pero firmes e que aínda podía facer moitas cousas; unha anciá, chea de enerxía e ganas de loitar ou ao menos, era iso o que aparentaba. De feito, todos a coñecían por aquel barrio de París, xa que gozaba dunha gran estima e dunha grande reputación por aquela zona. |
Cando fun á fonte souben que ías marchar, ai, meu amigo, como te me vas! Cando á fonte fun el do camiño daló estaba, ai, meu amigo, como te me vas! Cando fun á fonte souben que se ía, ai, meu amigo, como te me vas! Vanesa Iglesias 1º BAc B
Abril 2013 |
O viaxeiro sempre está para volver, pois, ningún vieiro, por fermoso que quixese parecer, da súa Galicia, endexamais a ningún galego, foi quen de facer esquencer, e coa túa lingua, a galega, viaxeiro galego, o mundo vas percorrer. Ti, ao eido cultural, sempre, contribuirás a enriquecer. Deixando do teu peto fluír á palabra galega, galego, así artellas o teu pensamento . Eres ti, galego, Galicia lévala dentro. Fachendoso de ti mesmo, da palabra que te habita, que perpetuarás no tempo, por máis que percorras camiños o referente, viaxeiro galego, o referente, agóchalo dentro! EDI C. C. |