Como moitos e moitas sabedes o Deportivo ABANCA conseguiu o ascenso á máxima categoría do fútbol feminino español, a Liga Iberdrola. Aproveitando isto decidín facer un vídeo para a materia de tics sobre a inmellorable temporada que realizou o equipo coruñés. Espero que vos guste e ogallá poder seguir celebrando máis títulos de Deportivo moitos anos máis.
|
|
|
Recordo cando me subín no avión destino Italia e ía imaxinándome que quedaba 20ª. Pese á posición, o meu soño cumpriríase. Pero quen me ía dicir a min, que 4 días despois, me volvería subir noutro avión destino Santiago, con dúas medallas de ouro colgadas do meu pescozo. Está claro que os soños se cumplen. Imposible olvidar todo o vivido en Italia. Non só a nivel competitivo, senón sobretodo a nivel persoal. Aquela foi para min a excursión máis divertida da miña vida. Porén, a vida cambia. Diante de min, apareceu un novo reto: a esgrima. Deporte creado en España, pero moi pouco coñecido (coma o kick-boxing e as loitas olímpicas).
|
Posteriormente continuei gañando varios campeonatos galegos e algúns nacionais, ata que outra vez o meu camiño se dividía en dous.
Mentres eu practicaba kick-boxing, loita e esgrima, tamén xogaba no equipo de fútbol sala do pobo. Comecei xogando en equipos masculinos ata que se creou un equipo feminino. No 2016, nun torneo con este último, un olleador fixouse en min e, uns meses máis tarde, déronme a oportunidade de xogar no R.C.Deportivo da Coruña S.A.D. De novo ante min un novo reto. Imaxino que xa saberedes cal foi a miña resposta. Por suposto que aceptei. Novo deporte, novos retos e novas aventuras. |
|
|
Probablemente se eu me adicase nun principio a outro deporte, seguramente sería moito máis coñecida. Porén, como vedes a min non me gusta destacar e son unha persoa moi humilde que non pensa no que dirán os demais. Hoxe en día, teño constancia de que son un modelo a seguir para moitos nenos e nenas pequenos que están comezando o mesmo camiño que comecei eu cando apenas tiña 8 anos. E isto é o que me anima a disfrutar cada día coma se fose o último, a esforzarme ao máximo en todo momento, a superarme día a día e, sobretodo, a non rendirme
|
* Se o prefires, tamén podes escoitar aquí o audio |
Ola. Hoxe entrevistaremos a Xesús Ferreiro, un piloto de ralis melidense que conta con varios títulos no seu palmarés. -Bos días Xesús -... -En primeiro lugar preguntarche como comenzaches no mundo do motor e en que modalidade te iniciaches? -No ano 89 na modalidade de terra que era unha modalidade máis económica que a de asfalto cun SEAT 124. -Cómo lograches comenzar, máis ben resistir nos inicios no rali, xa que é un deporte que consta de moitos gastos? |