Testamento de Alfred Nobel "O que suscribe, Alfred Bernhard Nobel, declaro por este medio trala profunda reflexión, que a miña última vontade respecto aos bens que podo legar trala miña morte é a seguinte:

Disporase como segue de todo o remanente da fortuna realizable que deixe ao morrer: o capital, realizado en valores seguros polos meus testamentarios, constituirá un fondo cuxo interés se distribuirá anualmente como recompensa aos que, durante o ano anterior, prestasen á humanidade os maiores servicios. O total dividirase en cinco partes iguais, que se concederán: unha a quen, no ramo das Ciencias Físicas, teña feito o descubrimento ou invento máis importante; outra a quen o teña feito en Química ou introducido nela o mellor perfeccionamento; a terceira ao autor do máis importante descubrimento en Fisiología ou Medicina; a cuarta ao que teña producido a obra literaria máis notable no sentido do idealismo; por último, a quinta parte a quen teña laborado máis e mellor na obra da fraternidade dos pobos, a favor da supresión ou reducción dos exércitos permanentes, e en pro da formación e propagación de Congresos da Paz.
Os premios serán outorgados: os de Física e Química pola Academia Sueca de Ciencias; o de Fisioloxía ou Medicina polo Instituto Carolino de Estocolmo; o de Literatura, pola Academia de Estocolmo; o da obra da Paz, por unha comisión de cinco individuos que elixirá o Storthing noruego. É a miña vontade expresa que na concesión dos premios non se teña en conta a nacionalidade, de maneira que os obteñan os máis dignos, sexan ou non escandinavos [...]
A partir de agora, é éste o único testamento con valor legal. Con él quedan sin efecto todas as disposicións testamentarias anteriores que poidan aparecer despois da miña morte."

París, 27 de novembro de 1890.

Alfred Bernhard Nobel